Translate

miércoles, 14 de diciembre de 2011

Presenta o seu estudo móbil de gravación multipista!



Presenta o seu estudo móbil de gravación multipista!
Dispoñemos dun dos sistemas de gravación máis fiable e estable do mercado para que ti só teñas que preocuparte de tocar e disfrutar do teu concerto. O noso estudo, baseado en dúas unidades dos aclamados gravadores a disco duro alesis HD24XR,, permítenos ofrecer en exteriores a gravación simultánea e ininterrumpida de ata 48 pistas de audio cos máis altos estándares de calidade.

O mellor nivel de conversion analóxico-dixital está garantido grazas ós excelentes convertidores do Alesis HD24XR, pero ademais dispoñemos dun dos mellores convertidores AD/DA do mercado, o Mytek 8 / 192, para as pistas principais e como reloxo máster do sistema.
En canto a preamplificadores de micrófono terás a posibilidade de usar na túa gravación 16 previos con ecualizadores STUDER 962, presentes en infinidade de míticos e importantes discos. Completamos o noso arsenal de previos cos impresionantes Focusrite Red7, Presonus ADL600 a válvulas, Focusrite Isa 428 e dúas unidades de TC Electronic Gold Channel. Por se isto non fose suficiente dispoñemos ademais dun Audient Asp008, Focusrite Octopre dynamic mk2 e TL Audio 5060 Ivory2.
A micrófonia, como parte esencial do proceso de gravación ten que estar á altura dos demais compoñentes da cadea de audio, por iso contamos cunha colección de  máis de 50 micrófonos donde poderás encontrar os estandards de gravación máis coñecidos de marcas como AKG, Neumann, Sennheiser, Shure, Rode, Audix, etc.

Para monitorizar todo o proceso de grabación dispoñemos dunha mesa de mesturas dixital Yamaha DM1000 con 48 entradas dixitais directas dende os Alesis HD24XR sen esquecer varias unidades de cascos AKG271 e monitores de estudo.
                            
Axúdache a acadar ese  son grande, profundo e de calidade superior distintivo das grandes produccións e que é tan difícil de conseguir!
-       Gravación de ata 48 pistas de audio simultáneas e de forma ininterrumpida durante horas.
-       Configuración a medida para cada traballo e presuposto.
-       Leva as túas pistas nun disco duro ou mestura os teus temas no noso estudo.
-       Aluguer de backline y equipo de sonido para os teus concertos.

Gravación de directos a partir de 180€ a configuración básica!

Máis información en:            artedixital@recestudios.com  información@recestudios.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario